QSP - Revista de Radio e Comunicações

Radio: 
O pasado venres 25 de abril, data sinalada para os nosos colegas de CT, recibimos de xeito gratuito un exemplar da revista QSP enviada por Adelino, CT1AL, director e propietario da mesma, xunto cunha QSL directa confirmando o noso primeiro QSO en 23cm con el. Vese que o buró non funciona moi á présa, xa que enviamos todas as QSLs do ano 2006 hai aproximadamente 10 meses.

Revista QSP

Foi unha grande sorpresa e a verdade, quedamos moi satisfeitos polo contido da mesma e non é únicamente por botarlle un cumprido a Adelino. Hai moitos artigos técnicos con varios niveis de complexidade. Tamén hai espazo adicado á divulgación e á historia da radio en Portugal, información DX, etc. A subscripción para España non sae moi cara, vendo como está o mercado, e son 12 exemplares ao ano. Nestes tempos nos que o mercado editorial adicado á nosa afección en España parece que anda en épocas de incertidume, QSP supón una alternativa máis, sobre todo para os radioafeccionados galegos, que non deberían ter tanto problema co idioma. Nós coñeciamos vagamente QSP por comentarios de colegas próximos, pero agora, véndoa físicamente, consideramos que é moi interesante.

Adelino, CT1AL, é a baliza da Serra da Estrela nos concursos do Campionato. Sempre temos boas charlas con el cando a actividade decae un pouco e soe botarnos unha man cando sae algunha estación portuguesa nova en concurso. Máis uma vez, muito obrigados Adelino!

Añadir nuevo comentario